Xuntanza de familias e docentes

Como actuación complementaria aos obradoiros do alumnado, realizarase, paralelamente ao proxecto, unha xornada formativa dirixida a familias e docentes o vindeiro xoves 12 de febreiro, para establecer un espazo de sensibilización e formación ao redor do acoso escolar e a convivencia, poñendo en valor a importancia do rol das familias á hora da prevención. Ademais…

Read More »

Convivencia positiva e prevención do acoso escolar

A ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira seguimos loitando contra o Acoso Escolar, esta vez, co noso Programa anual de Convivencia Positiva que se celebrará durante este mes de febreiro, grazas as axudas SI449B dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción…

Read More »

Saída ao Teatro Compostela

O xoves día 5 de febreiro, a ANPA Caramecheiro, xunto co Departamento de Francés do IES Nº1 de Ribeira, organizamos unha saída para o alumnado que estuda francés en 1º de bacharelato para que poidan ir ao Teatro Compostela e visualizar a obra “Le Masque de Molière”, uns dos autores máis prolíficos da historia da…

Read More »

Espertando a Forza Interna

Do 20 de xaneiro ao 9 de marzo o alumnado de 3ºESO e 4ºESO participarán no *Programa de Educación Emocional *“Espertando a Forza Interna”. Impartido pola psicóloga sanitaria Mª Carmen González Hermo, experta en psicoloxía de emerxencias, psicóloga deportiva, e membro da rede de formadores-colaboradoes do CAFI. Cunha metodoloxía moi participativa, con presentacións, vídeos, cuestionarios,…

Read More »

Observación Astronómica

POR MOR DO MAL TEMPO PREVISTO PARA ESE DÍA, VÉMONOS NA OBRIGA DE ADIALA ACTIVIDADE DE ASTRONOMÍA. AVISAREMOS COA NOVA DATA. PERDOADE Á MOLESTIA. Comezamos o ano cunha actividade de Observación Astronómica no patio de atrás do IES Nº1 de Ribeira. Dirixida a todo tipo de público e aberto a toda a comunidade! O luns…

Read More »