AVISO IMPORTANTE SOBRE O TRANSPORTE EN BACHARELATO


AVISO IMPORTANTE SOBRE O TRANSPORTE EN BACHARELATO

A partir do día 15 de marzo entra en vigor o convenio do Concello de Ribeira coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, o que supón que os/as nosos/as estudantes de Bacharelato pasarán a pagar por facer uso do transporte.

A ANPA Caramecheiro e o IES º1 de Ribeira tiña un acordo coa empresa MONBUS para que estes estudantes viaxaran de balde mentres non houbese unha tarxeta de desconto para estudantes como había no seu día coa empresa de Ferrín.


Agora xa existe esa tarxeta que permitirá viaxar dun xeito aínda máis económico que antes (60 céntimos a viaxe) pero é IMPRESCINSIBLE PRESENTAR A TARXETA para que se lles aplique o desconto, ou no seu defecto pagarán os 1,35€ que custa a tarifa ordinaria.

Polo que insistimos na importancia de solicitala tarxeta canto antes!!

No seguinte enlace tedes acceso directo a páxina da ABANCA onde se solicita a Tarxeta Xente Xove:

https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/es/txn

A solicitude é online e o final da solicitude xa vos dan cita co día e hora para ir a sucursal de ABANCA que desexedes a recollela.

Espabilade e pedila canto antes por si tardan en darvos cita… pois o día 15 de marzo comezarán a cobrar si ou si!!

Por outra banda, queremos informar que seguimos agardando que a Xunta cumpra a súa promesa de bonificación do 100% no trasporte en toda Galicia para todos/as os/as menores de 21 anos, tal e como prometeu fai tempo. Teñen o primeiro semestre deste ano para implantalo máis a día de hoxe aínda non é efectivo. Cando sexa o caso informaremos sen falla!

Para calquera dúbida estamos a vosa disposición,

Un saúdo,

A Xunta Directiva da ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira