CAMPAÑA CONTRA O ACOSO ESCOLAR – 2 DE MAIO


CAMPAÑA CONTRA O ACOSO ESCOLAR NO IES Nº1

O alumnado de 1º da ESO do IES Nº1 de Ribeira, xunto con Ramón Molina, educador social e responsable do Programa de Convivencia Positiva e Prevención do Acoso Escolar organizado pola ANPA Caramecheiro coas Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, presentaron esta mañá, ante a Dirección do centro e os medios de comunicación, prensa e TV, a súa Campaña de Sensibilización Contra o Acoso Escolar.

Dita campaña, foi elaborada polo propio alumnado durante varias semanas, e hoxe foi difundida, non só dentro centro educativo, se non tamén, a través das Redes Sociais, grazas as creatividades animadas que estes prepararon e que foron proxectadas durante este acto.

Eles mesmos elixiron, entre os 28 lemas propostos polos seus compañeiros, aos 3 gañadores cos que crear as creatividades animadas. Un por cada categoría:

  • ⁠ ⁠Mensaxe para potencial alumnado acosador
  • ⁠ ⁠⁠Mensaxe para potencial alumnado observador
  • ⁠ ⁠⁠Mensaxe para promover o punto laranxa

Asemade, os seguintes 8 lemas máis votados formarán parte da celebración da efeméride do día 2 de Maio, o Día Mundial Contra o Acoso Escolar. Polo que eleboráronse carteis con eses lemas, que eles mesmos colocaranos naqueles puntos do centro educativo que consideran son os máis propicios para que as súas mensaxes cheguen a quenes van dirixidas.

Ogallá o seu traballo e esforzo serva para mellorar a convivencia e combatir este mal que perturba aos nosos fillos e fillas dentro e fora das aulas.

Un saúdo,

A Xunta Directiva da ANPA Caramecheiro doIES Nº1 de Ribeira