MENORES CONECTADOS para FAMILIAS


MENORES CONECTADOS para FAMILIAS

Trátase dunha formación presencial, dirixida ás FAMILIAS, solicitada pola ANPA e impartida por AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Xunta de Galicia) sobre Educación Dixital en Ciberseguridade e Privacidade.

  • ⁠ ⁠Cales son os riscos dixitais para os menores?
  • ⁠ ⁠Como xestionar o tempo nas pantallas?
  • ⁠ ⁠Que recursos e ferramentas existen para protexelos?

Aprenderemos:

  • ⁠ ⁠Como establecer límites saudables no uso de dispositivos dixitais.
  • ⁠ ⁠Estratexias para supervisar sen invadir a súa privacidade.
  • ⁠ ⁠Claves para fomentar hábitos seguros e críticos ante a tecnoloxía.
  • ⁠ ⁠Ferramentas de acompañamento parental e recursos adicionais.

Será o LUNS 27 ABRIL 2026 de 16:30h a 18h, no Salón de actos do IES Nº1 de Ribeira.

AGARDAMOS VERVOS ALÍ!