
“TODOS DANZAMOS” obradoiros de danza en igualdade impartidos por Fran Sieira:
Fran Sieira é un home que coa súa dedicación e éxito no mundo da danza, demostra co seu propio exemplo, que homes e mulleres son iguais en calquera eido da vida.
A través da danza traballarán a igualdade, onde homes e mulleres bailan sen diferenzas de xénero, rompendo así os estereotipos, asemade, o alumnado creará unha pequena peza coreográfica, traballando o respecto e a cooperación como iguais.
Dende un marco contemporáneo, traballarán a descontextualización de pasos de baile tradicional galego para utilizalos como o noso principal mecanismo de expresión, creando unha linguaxe de movemento actual como reflexo da nosa tradición.
Contidos, obxectivos e metodoloxías empregadas para conseguilos: identidade e tradición a través do movemento, comprensión do valor cultural da danza galega como forma de expresión e patrimonio, reinterpretar tradicións, creatividade e composición coreográfica, elaboración dunha pequena peza coreográfica que combine tradición e innovación, desenvolvemento de habilidades motrices vinculadas ao equilibrio, xestión do espazo e sincronización grupal, creación colectiva de secuencias, dinámicas de grupo baseadas na improvisación e na construción conxunta, valoración da diversidade dentro da aula, autoavaliación e reflexión propia e grupal.
272 rapaces e rapazas da ESO e de Bacharelato, que recibirán 2 sesións de 50 minutos de duración cada unha, nun total de 10 obradoiros, organizados pola ANPA grazas as axudas SI449B dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero da Consellería de Politica Social e Igualdade da Xunta de Galicia.