TAI-CHI PARA ADOLESCENTES: EDUCACIÓN CORPO E MENTE


Por mor da Folga convocada para mañá venres, 6 de marzo, cambiámolas datas da actividade de Taichi. Disculpade as molestias.

TAI-CHI PARA ADOLESCENTES: EDUCACIÓN CORPO E MENTE

Empregaremos este arte marcial chino de interese para o alumnado para conseguir promover o seu benestar físico, emocional e postural.

Adquirindo equilibrio, coordinación, forza, resistencia, control corporal, serenidade, relaxación, paciencia e presenza, autocoñecemento corporal, regulación emocional, confianza e autoestima, a que lles axudará a previr tensións e estrés.

Esta actividade consta de 2 sesións de 50 minutos cada unha por grupo, impartida no ximnasio do centro educativo.

Sesións adaptadas, participativas e dinámicas. Accesibles a todo tipo de condición física. Nun ambiente seguro e respectuoso.

203 alumnos e alumnas da ESO e Bacharelato que traballarán por sesión:

  • Postura, respiración, centro, fluidez, memoria.
  • Secuencias: Separar as Nubes, coller a cola do paxaro…
  • Coordinación, expresión adecuada.
  • Dinámicas cooperativas seguras.
  • 5-10 minutos quecemento
  • 20-25 minutos principal
  • 5-10 minutos xogos
  • 5 minutos relaxación
  • 2 minutos peche

Esta actividade, organizada pola ANPA e subvencionada pola Deputación da Coruña, atende á demanda do Departamento de Educación Física do IES Nº1 para ampliar e complementar os contidos de control corporal, benestar físico e expresión corporal da materia de Educación Física.