
O acoso escolar ou bullying é unha das problemáticas sociais con importantes repercusións non só para a vítima do maltrato, senón que abarca a un espectro máis amplo no que se ven implicados o individuo ou grupo de hostigadores/as, o resto de alumnado, os profesionais da docencia, as familias do alumnado implicado e finalmente, a comunidade educativa.
Estas situacións e conductas derivan en alteracións da aprendizaxe, trastornos psicolóxicos e emocionais, disfuncións do comportamento e das relacións interpersoais, e poden danar gravemente o axeitado desenvolvemento madurativo e a convivencia dentro e fóra das aulas.
Ante o aumento no número de casos de posible acoso escolar que se estaban a producir no noso centro, sobre todo entre o alumnado feminino de 1º da ESO, a ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira, o ano pasado iniciamos un Programa para previr o acoso escolar, coa intención de educar sobre o que é o acoso escolar, como previlo, dectalo e actuar ante él.
O informe que recibimos do seu autor, Ramón Molina, unha vez finalizado este programa, detectaba a necesidade de resolver os problemas de convivencia dentro e fora das aulas, polo que, este ano, os obradoiros que se impartirán durante o mes de marzo do 2025 irán enfocados á convivencia positiva como forma de prevención do acoso escolar.
O obxectivo é axudar ao alumnado a elexir conductas de respecto mutuo que favorezcan unha convivencia positiva.
Durante o mes de marzo, recibirán catro sesións (unha á semana) dunha hora de duración cada unha, onde aprenderán a identificar os conflitos e os diferentes roles dentro da súa propia aula (diferenza entre conflito e acoso, quen é vítima, acosador/a, cómplices, observadores/as…), estratéxias de afrontamento dos conflitos e como actuar no caso de detectar un caso de acoso escolar.
Entre outras metodoloxías, empregarán técnicas de dramatización e escenificación… sentirán como empoderarse co rol activo…
O obradoiro remataría coa identificación dunha tarefa de aula (que será diferente en cada grupo, segundo as necesidades detectadas e o grao de implicación de cada grupo). Unha tarefa que permita poñer en práctica medidas para resolver un determinado conflito que afecta ao grupo, desenvolver medidas para mellorar a cohesión e a convivencia na aula, ou impulsar unha acción para sensibilizar e concienciar sobre o problema do acoso escolar.
Estas tarefas serán revisadas na sesión de reforzo que se realiza un mes despois da última sesión.
Como actuación complementaria aos obradoiros, realizarse unha xornada formativa dirixida a familias e docentes para establecer un espazo de sensibilización e formación ao redor do acoso escolar e a convivencia, poñendo en valor a importancia do rol das familias á hora da prevención.
Ademais aproveitaríase esta xornada formativa para informar a familias e docentes como están a resultar os obradoiros nos que están a participar os seus fillos e fillas, alumnos e alumnas, e poder establecer na casa e na aula pequenos espazos para dialogar e reflexionar no seo da familiar e educativo sobre a problemática do acoso escolar, durante o período de realización dos obradoiros.
A participación dos e das docentes do centro nesta formación é moi interesante na medida en que ademais de dar resposta as súas necesidades formativas nesta problemática, xeramos un espazo compartido onde familias e profesorado dende o seu rol deben traballar conxuntamente para facer fronte ao acoso escolar.
Actividade que confiamos sexa financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade coas axudas que esta entidade destina ás ANPA para a realización de actividades destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e á prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.