Banco Libros da ANPA


BANCO LIBROS DA ANPA

COMPATIBILIDADE: este banco de libros é totalmente compatible co banco de libros da Xunta de Galicia, de xeito que poden ser solicitados ámbolos dous a vez; unha vez resolta a solicitude da Xunta, se esta é negativa, atenderase a da ANPA (é dicir, que se non che conceden os da Xunta poden emprestarche os da ANPA). IMPORTANTE: POR FAVOR, AVISÁDENOS QUEN SOLICITA TAMÉN OS DA XUNTA E SI LLOS CONCEDEN para saber exactamente de canto stock dispoñemos!!

Este banco dótase de libros cedidos ou doados, e son repartidos ao comezo de curso entre os demandantes, segundo o criterio establecido pola Xunta Directiva.

BAREMO: O noso sistema de empréstito segue un baremo totalmente diferente (non ten nada que ver coa RENDA). Outorgaranse por orde de solicitude, polo que é importante que se fagan canto antes, tendo prioridade á hora de recibir os nosos libros: aqueles que xa participaron no noso banco de libros, doadores de libros, socios/as…

DIRIXIDO só a 4º da ESO, 1º de BACH e 2º de BACH.

En 1º e 2º da ESO: NON hai banco de libros porque traballarán coa aula virtual da plataforma informática E-DIXGAL e non terán libros físicos, agás bioloxía de 1º ESO (que terán que mercar o libro a petición do departamento de bioloxía do centro) pero este ano NON temos stock na ANPA por mor da entrada en vigor da LOMLOE que obriga ao cambio de libros en 1º e 3º da ESO para adaptar
os contidos aos novos currículos aprobados nesa lei.

En 3º da ESO este ano NON poderemos emprestar libros dende o banco de libros da ANPA porque NON temos stock na ANPA por mor da entrada en vigor da LOMLOE que obriga ao cambio de libros en 1º e 3º da ESO para adaptar os contidos aos novos currículos aprobados nesa lei.

DOAZÓNS: Precisamos libros para todos os cursos pero en especial para 2º de BACH pois neste intre NON TEMOS STOCK. Podedes facer as vosas doazóns ao noso fondo de libros daqueles libros que marcásedes e que xa non ides utilizar, podendo así ser re-utilizados. Precisamos da solidariedade das familias para que doen os libros que xa non precisen, e poder darlles unha nova vida
emprestándollos a outros nenos e nenas.

Na conserxería do centro hai un caixón para as doazóns. Cubride a folla de rexistro cos vosos datos para que quede constancia da doazón e poder ter prioridade a hora a de solicitar libros do noso banco de empréstito. Moitas grazas de antemán a vosa solidariedade!

SOLICITUDES: durante o mes de xuño poderán solicitarse os libros a través do WhatsApp da ANPA no teléfono 634 851 860. Indicando o nome do ALUMNO/A, LIBROS QUE SOLICITA E CURSO.

ENTREGAS: Unha vez estudadas e resoltas as solicitudes, nos primeiros días de setembro, notificaremos a cada alumno/a os libros outorgados e cando poden pasar pola conserxería a recollelos. Despois desa data, mentres teñamos libros en stock, seguiremos admitindo solicitudes, incluso comezado o novo curso, ata esgotar existencias!

DEVOLUCIÓNS dos libros xa emprestados: DATA LÍMITE O 22 XUÑO 2022. Unha vez rematado o curso escolar, o alumnado deberá devolvelos libros emprestados en bo estado (sen roturas, sen escrituras…) na conserxería do IES Nº1. No caso de non ser así, a Xunta Directiva da ANPA aplicará a sanción que estime oportuna (compra e reposición do libro, penalización no empréstito de libros…).

Para calquera dúbida, quedamos ao voso dispor.

Un saúdo,

A Xunta Directiva da ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira

En Ribeira, a 27 de maio do 2022