COMUNICADO IMPORTANTE SOBRE O TRASPORTE ESCOLAR NA ESO


En Ribeira, a 13 de maio do 2021

COMUNICADO IMPORTANTE SOBRE O TRASPORTE ESCOLAR NA ESO

O pasado 4 de maio MONBUS informaba da necesidade de presentar a Tarxeta Xove da Xunta a partir do día 15 de maio para poder facer uso do trasporte, incluso para os rapaces e rapazas da ESO.

Isto supón unha clara vulneración dos dereitos destes/as estudantes a un trasporte escolar de balde; pois a tarxeta solicitada é unha tarxeta de pre-pago; de xeito que cada viaxe realizada será cobrada pola compañía de transportes, coa “suposta” devolución posterior por parte da Xunta de Galicia. Mentres, as familias deberán adiantar os cartos; sen a consideración de que algunha delas poida atoparse en dificultades económicas ou exclusión social.

Por outra banda, a masiva demanda destas tarxetas saturou a capacidade de citas de ABANCA, empresa responsable de procuralas tarxetas, sendo imposible que todos os usuarios/as dispuxeran delas antes do día límite marcado, 15 de maio do 2021.

Ante tal situación, esta Xunta Directiva contactou co servizo xurídico da Federación de ANPAs da Coruña, co Xerente de MONBUS, coa Dirección do IES Nº1 e co Concello de Ribeira, coa intención de buscar unha solución que evitase semellante vulneración.

Comprácenos informar, que o día de hoxe, o Concello de Ribeira asegurounos que no que queda de curso escolar 2020/2021, seguira a rexer a tarxeta identificativa da ESO do IES Nº1, tal e como se facía ata o de agora, quedando pendente a introdución da tarxeta xove no alumnado da ESO de cara ao próximo curso 2021/2022.

Pola nosa banda, agradecemos a postura do Concello e agardamos que MONBUS cumpra coa súa parte neste acordo.
Rogamos a todos os usuarios/as, que notifiquen, dun xeito detallado e por escrito á ANPA, calquera incidencia que se produza durante o uso do trasporte.

De cara ao próximo curso 2020/2021, todo o alumnado precisará da Tarxeta Xove, máis loitaremos para que sexa nas condición de dereito a unha educación pública gratuíta.

Un saúdo,
A Xunta Directiva da ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira