Quenes Somos

PRESENTACIÓN da Xunta Directiva da ANPA CARAMECHEIRO do IES Nº1 de Ribeira

• PAZ GONZALEZ RIOBÓ coma Presidenta
• NURIA CALO TORRES coma Vicepresidenta
• LUCÍA MARIÑO PAZ coma Secretaria
• MARY CARMEN ROMERO GARCÍA coma Tesoureira
• VANESSA SANLÉS POUSO coma Vogal
• MERCEDES LÓPEZ SOBRIDO coma Vogal

Queremos presentarnos e poñernos ao voso dispor para calquera cousa que poidades precisar no teléfono 634851860 por WhatsApp ou por correo electrónico anpacaramecheiro@gmail.com.

Somos pais e nais coma vos, que traballamos de forma totalmente altruísta todo o ano para representar e defender os dereitos dos nosos fillos e fillas e dos seus pais/nais/titores legais, así coma ofrecer servizos que complementan a oferta actual do instituto.

➢ A ANPA proporciona representación dos pais e nais ante a Dirección do Instituto, no Consello Escolar do propio Centro e no Consello Escolar Municipal.
➢ Xestionamos un Banco de Libros de texto de empréstito propio da ANPA.
➢ Organizamos actuacións, obradoiros e actividades para todo o alumnado con contidos de gran relevancia social e cultural, coma obradoiros de música, teatro, graffitis, ioga, micro machismos…
➢ Ofrecemos actividades para as familias como a escola de pais e nais, con formación sobre acoso escolar, trastornos educativos, obradoiros de regueifa, Igualdade,…
➢ Organizamos e Colaboramos nas Graduacións de 4º ESO e 2º Bacharelato, viaxes e excursións de interese lúdico e cultural que realiza o alumnado.
➢ Colaboramos con distintas asociacións da contorna coma (AECC, ANEDIA, TDAH Sanlés,…) e participamos nos premios do Certame anual de curtas da Asociación Alberto Romero.
➢ Moitas tendas e establecementos locais fan descontos para os nosos socios/as.
➢ Pertencemos a Federación de ANPAS da Coruña (FEDAPA) e traballamos coa Confederación de ANPAs de Galicia (CONFAPA-GALICIA) e de España (CEAPA).
➢ Contamos con Seguro de Responsabilidade Civil grazas a estar federados (FEDAPA).
Cumprimos coa legalidade vixente, tanto en materia de protección de datos (LOPD) coma nos libros obrigatorios, rexistros e estado de contas da ANPA; sempre a vosa disposición, cumprindo cas obrigas que a lei e os Estatutos nos impón.
➢ Faremos unha Asemblea Xeral ordinaria no mes de setembro, onde presentaremos os servizos, actividades e propostas para o ano escolar que comeza.
➢ Asembleas Extraordinarias sempre que sexa preciso tratar temas de relevancia ou estatutarios.
➢ E outra Asemblea Xeral ordinaria no mes de xuño, coa memoria de todo o feito durante o curso e coa aprobación das contas da Asociación.

Estamos nas redes sociais de Facebook e Instagram, e ademais, temos páxina web propia www.anpacaramecheiro.gal e enlaces na páxina web do IES nº1 de Ribeira, onde colgaremos toda a información que vaia xurdindo o longo do ano, novas, formularios, documentación, etc.

A ANPA solicita subvencións as diferentes administracións coma ó Concello de Ribeira, á Deputación da Coruña e á Xunta de Galicia, pero sobre todo mantense grazas ás cotas dos Socios e Socias.

Podedes facervos socios/as por 15€ por familia/ano, mediante transferencia bancaria ao numero de conta ABANCA ES11 2080 5497 8430 4010 6755

Quedamos ao voso dispor,

 

A Xunta Directiva da ANPA CARAMECHEIRO do IES Nº1 de Ribeira