Visualización do filme GIRLHOOD


Visualización do filme GIRLHOOD​, na Sala Númax de Santiago, a mañá do 8 de abril do 2026.

Trátase dunha actividade ​organizada pola ANPA e o Departamento de Francés do IES Nº1 de Ribeira, dirixida ao ​seu alumnado que cursa a materia de Francés en 3º da ESO​, e subvencionada pola Deputación da Coruña.

Contido e características da actividade:

A sala Númax de Santiago de Compostela posibilita que o alumnado visualice películas que esconden detrás valores importantes para a educación dos mozos e mozas, lonxe da cultura de masa que consomen día tras día.

O filme Girlhood, película de orixe francés, explora a adolescencia feminina. Marieme, unha moza de orixe africana, que vive nos suburbios de París (la banlieue parisienne), intenta fuxir dun barrio sen posibilidades a futuro e cheo de drogas e alcohol. Tanto é así​, que se atopa cunhas mozas que a levan a cambiar o seu estilo e a abandonar o lugar que a viu nacer, coa fin de evolucionar e mellorar. Trabállase, polo tanto, a superación, a igualdade de oportunidades ou a non discriminación por sexo ou orixe, entre outros.

A película será visualizada en versión orixinal e subtitulada en galego, co que o alumnado poderá seguir perfectamente o fío da historia.

Antes da sesión, a organización entregará ao profesorado material didáctico, co que ​p​oderán traballar aspectos importantes da película, así coma sacarlle partido dende un punto lingüístico.

Obxectivo​s:

  • ⁠ ⁠O alumnado coñecerá unha realidade social, a da banlieue parisienne, onde a exclusión, a desigualdade económica e a discriminación son algunhas das súas características​. É polo tanto unha película que desbota a bela imaxe do París que visitamos ou que vemos noutros medios ou produtos de ficción.
  • ⁠ ⁠O alumnado poderá recoñecer a sorte que teñen de poder ter un ensino gratuíto e de calidade, fronte a outros mozos e mozas que teñen que facer esforzos para estudar e progresar academicamente e, mesmo traballar para contribuír á economía familiar.
  • ⁠ ⁠A escoita activa en francés​: A aula é un espazo moi reducido para a práctica das competencias orais da lingua. O feito de que o alumnado poida ser testemuña de conversacións en francés é fundamental para o desenvolvemento das competencias orais da lingua e unha comunicación efectiva​, algo moi positivo para a súa aprendizaxe.