
OBRADOIROS “ESTAMOS CONECTADAS”
A adolescencia é unha etapa clave para aprender a xestionar as redes sociais e os medios dixitais, evitando que un mal uso se transforme en ciberacoso, violencia machista ou condutas delitivas.
Baixo o título “Estamos conectadas”, o 7 e 8 de abril, Sara de Santos, especializada en redes sociais, impartirá 3 obradoiros para o alumnado de 2ºESO de 2 horas e media de duración cada un.
O obxectivo é proporcionarlles ferramentas e coñecementos para navegar polo entorno dixital de maneira segura, emocionalmente saudable e efectiva.
Ademais, poderán ver de primeira man a manipulación á que está sometida a sociedade actual por parte das empresas e medios.
Contido:
- Como funcionan as redes sociais: algoritmos, privacidade e seguridade.
- Uso adecuado da internet.
- Impacto emocional: xestión do tempo e saúde mental. Relación saudable coas redes sociais.
- Técnicas para protexer a privacidade e evitar o ciberacoso e os ciberdelitos (sexting, groomimg,…).
- Testemuño de ARTISTAS emerxentes a través de VIDEOCHAMADAS: compartirán con nos como as redes sociais inflúen na súa vida e carreira, así como os procesos que viven para xestionalas.