
Como actuación complementaria aos obradoiros do alumnado, realizarase, paralelamente ao proxecto, unha xornada formativa dirixida a familias e docentes o vindeiro xoves 12 de febreiro, para establecer un espazo de sensibilización e formación ao redor do acoso escolar e a convivencia, poñendo en valor a importancia do rol das familias á hora da prevención.
Ademais aproveitaríase esta xornada formativa para informar sobre como se van desenrolando os obradoiros nos que están a participarn os seus fillos e fillas, e poder establecer por parte das familias pequenos espazos para dialogar e reflexionar no seo da familia sobre a problemática do acoso escolar, durante o período de realización dos obradoiros.
A participación dos e das docentes do centro nesta formación é moi interesante na medida en que, ademais de dar resposta as súas necesidades formativas nesta problemática, xeramos un espazo compartido onde familias e profesorado dende o seu rol deben traballar conxuntamente para facer fronte ao acoso escolar.
Finalmente, Ramón Molina, xerente de ARELAR e experto encargado de impartir este Programa, reunirase cos titores, a Directiva do centro e da ANPA, para presentar o seu informe final coas conclusións obtidas.