
Do 20 de xaneiro ao 9 de marzo o alumnado de 3ºESO e 4ºESO participarán no *Programa de Educación Emocional *“Espertando a Forza Interna”.
Impartido pola psicóloga sanitaria Mª Carmen González Hermo, experta en psicoloxía de emerxencias, psicóloga deportiva, e membro da rede de formadores-colaboradoes do CAFI.
Cunha metodoloxía moi participativa, con presentacións, vídeos, cuestionarios, poemas, pósters, debuxos, xogos de rol e debates, onde o alumnado poderá expoñer as súas inquedanzas e reflexionar sobre elas en base a principios de calidade de vida, cooperación, autocoidado e coidado mutuo e saúde mental.
O seu principal obxectivo é que o alumnado sexa capaz de:
- Identificar e adquirir novas ferramentas de afrontamento propias.
- Reflexionar sobre os valores e sobre o proxecto vital.
- Fortalecer o sentido de pertenza ao grupo.
- Adquirir estratexias para previr e dar apoio ante unha crise de ansiedade.
Co estes obradoiros, agardamos achegar recursos que axuden a diminuír as taxas de ansiedade, violencia, bullying ou suicidio entre a mocidade.
_Actividade organizada pola ANPA Caramecheiro en colaboración co IES Nº1 de Ribeira e subvencionada pola DEPUTACIÓN DA CORUÑA_