Observación Astronómica


XA TEMOS NOVA DATA PARA A OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA QUE FORA ADIADA POR MOR DO MAL TEMPO.

Comezamos o ano cunha actividade de Observación Astronómica no patio de atrás do IES Nº1 de Ribeira.

Dirixida a todo tipo de público e aberto a toda a comunidade!

O luns 26 de xaneiro ás 19h

ASTRONOMÍA COMEZA E REMATA CON “A”

  • ⁠ ⁠Contamos con telescopios motorizados, Catadriótico e Dobson, para poder ver Xúpiter, Saturno, a Luna, a gran nebulosa de Orion e a galaxía de Andrómeda.
  • ⁠ ⁠Aprenderemos as constelacións zodiacais e a manexarnos de noite grazas as constelacións circumpolares.
  • ⁠ ⁠Falaremos da importancia da muller na Astronomía e como, grazas a ela, chegou o home á lúa.
  • ⁠ ⁠Cuestionaremos a vida extraterrestre e a diferenza entre Astroloxía e Astronomía.

Impartida por unha mesma familia, todos membros activos, dende fai décadas, da Asociación Astronómica de Sirio de Pontevedra!

Para poder organizar mellor os grupos de observación dos telescopios e resto de actividades programadas, podedes inscribiros (vos e a todos a quen queirades convidar) a través do Whatsapp da ANPA, ata ese mesmo día ás 16h.

Aproveitade esta oportunidade!

Actividade organizada pola ANPA CARAMECHEIRO, coa colaboración do IES Nº1 e do Concello de Ribeira, e subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.