
A adolescencia é unha etapa clave para aprender a xestionar as redes sociais e os medios dixitais.
O 13, 14 e 15 de maio teremos con nos a Sara de Santos, informática especializada en RRSS, que impartirá a familias, docentes e ao alumnado de 2º da ESO do IES Nº1 de Ribeira obradoiros sobre redes sociais chamado “Estamos conectados”.
O obxectivo é proporcionar ferramentas e coñecemento ao alumnado e ás súas familias para navegar polo entorno dixital de maneira segura, emocionalmente saudable e efectiva.
Ademáis, poderán ver de primeira man a manipulación á que está sometida a sociedade actual por parte das empresas e medios.
Para o alumnado:
Cómo funcionan as redes sociais: algoritmos, privacidade e seguridade.
Impacto emocional: xestión do tempo e saude mental. Relación saudable coas redes sociais.
Técnicas para protexer a privacidade e evitar o ciberacoso.
Testimonio dun artista invitado: a través dunha videochamada, artistas emerxentes compartirán con nos cómo as redes sociais influen na su vida e carreira, así como os procesos que viven para xestionarlas.
Para as familias:
Entender o entorno dixital no que interactúan os seus fillos e fillas: cómo operan as redes e qué riscos conlevan.
Xestión familiar: cómo acompañar aos fillos e fillas no uso saudable desas plataformas.
Ciberseguridade: ferramentas prácticas para protexer aos adolescentes no entorno dixital.
Diálogo aberto: responder dúbidas e preocupacións.
Esta actividade será financiada pola Secretaria Xeral de Igualdade coas axudas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e á prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Moitas grazas pola atención e difusión,
Xunta Directiva da ANPA