Dende a ANPA creamos un Programa de carácter anual que irá dirixido ao alumnado máis novo do noso centro educativo, 1ºESO, coa intención de educar dun xeito temperá sobre o que é o acoso escolar, como previlo, dectalo e actuar ante él.
O obxectivo é axudar ao alumnado a adaptarse a unha nova etapa na súa vida e a sepan elexir conductas de respecto mutuo que favorezcan unha convivencia positiva.
Neste curso 2023/24 a volta das vacacións de Semana Santa, comenzaremos cunha Formación dirixida aos DOCENTES e ás FAMILIAS, todo o mundo está invitado a vir, pero sobre todo é moi IMPORTANTE a presenza dos DOCENTES e das FAMILIAS de 1ºESO por ser parte do Programa de Formación do seu alumnado, fillos e fillas.
Será o xoves 4 Abril ás 18:30h no Salón de actos do IES N1.
NON FALTEDES!!
E unha vez preparadas as familias e docentes, comezará a Formación do alumnado.
Todos e todas recibirán catro sesións (unha semanal) onde identificarán os diferentes roles dentro da sus propia aula (vítima, acosador/a, cómplices, observadores/as…). Entre outras, empregarán técnicas de dramatización, escenificación…como empoderarse co rol activo… establecerán estratexias e un decálogo de medidas para unha convivencia positiva.
Finalmente, recibirán unha última sesión de control pasadas unhas semanas para evaluar ese Decálogo de medidas e se conseguiron o seu obxectivo de convivir en positivo.
Agardamos que ano tras ano, este Programa, xunto co Programa de Cultura Dixital e o de Educación Emocional, que tamén iniciamos este ano, permita mellorar a situación e reducir o Acoso escolar 🙏